Somos unha granxa ecolóxica xestionada de xeito orgánico que emprega os beneficios e recursos sostibles da diversificación das nosas actividades.
Despois de 8 anos, podemos decir que acadamos un dos nosos principais obxectivos: UNHA GRANXA CIRCULAR, non dependendo de abonos nin insumos externos para completar o círculo de producción.
Contamos contamos con ovellas, cabras, vacas, porcos, galiñas, froitais, producción de horta e de cereal, todo na cantidade necesaria para chegar ó equilibrio.
Como actividade principal, en torno á que xira o resto, eliximos a HORTA. Desenvolvemos ó longo do tempo un sistema productivo baseado na sostenibilidade e autosuficiencia.
Co aproveitamento dos recursos das demáis actividades conseguimos unha boa fertilidade no solo que xunto cos microorganismos nutren de maneira axeitada os noso cultivos.
Como principais métodos de prevención de pragas e enfermedades buscamos unha gran diversidade de cultivos, facendo rotación entre os mesmos e favorecendo a aparición de insectos auxiliares non aplicando ningún tipo de insecticida.
A nosa plantación de froiteiras conta con máis de 25 variedades tradicionais de maceiras e pereiras.
A producción de cereais como o trigo e o maínzo axúdannos a complementar a alimentación dos nosos animais e tamén para facer o pan.
Agora que nos coñecedes un pouquiño máis, decirvos que o que nos motivou e nos sigue motivando é unha necesidade de cambio no consumo, unha oportunidade de visualización da agricultura sostible que implica unha ocasión importante para recuperar un sistema productivo que cobraba cada vez máis importancia e que pouco a pouco, co paso dos anos, se volve cada vez máis imprescindible. Un modelo non condicionado por axentes externos e que sortea os principais inconvintes da agricultura industrial.